Samaín con actividades para os cativos de Touro

Samaín
ARCA
Casa Consistorial de Touro

Touro. O Concello de Touro xa ten programadas as actividades que se celebrarán ao longo desta semana para que os máis pequenos participen no Samaín. Desde o consistorio lembran que é unha das datas sinaladas no calendario, “onde os misterios e os sorrisos van da mán”.

As actividades programadas polo Concello de Touro comenzaron onte, martes, 26 de outubro, cun obradoiro para principiantes adicado á moda outono-inverno. A actividade levaba por título Mestrado da costura e desenvolveuse a partir das 17.00 horas na casa da cultura.

Xa mañá xoves, día 28 de outubro, está prevista a celebracion do Masterchef de medo. Á mesma hora e tamen na casa da cultura do municipio.

CASA DO TERROR . Para o domingo, día 31 de outubro, está prevista a actividade da Casa do Terror.

Segundo explican fontes municipais, será unha xuntanza na casa da cultura, onde as máscaras e as distancias de seguridade non serán impedimento para gozar da música nesta gran noite de Samaín.

Indicar, finalmente, que os obradoiros adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do covid. arca