Touro alerta por unha estafa de venta de xel hidroalcohólico

Estafa
ARCA
Xente botando nas máns o xel hidroalcohólico

Touro. O Concello de Touro avisa aos maiores que viven no municipio que tomen as debidas precaucións se reciben unha chamada telefónica preguntando se xa os vacunaron contra a COVID e se se atopan ben de saúde e sen efectos secundarios. A persoa que chama facéndose pasar por persoal da Consellería de Sanidade, máis en concreto, do Sergas, pide a dirección para, posteriormente, presentarse no domilicio particular e vender xel hidroalcohólico a un precio de dous euros.

O Concello, que sospeita que se trata dunha presunta estafa, está ao tanto de que varios veciños recibiron esta chamada e incluso a visita dun vendedor para tratar de que lle compraran o xel hidroalcohólico. Por iso, avisa á veciñanza, sobre todo á de máis idade, para que non atenda este tipo de chamadas nin aporten datos ou señas persoais e que non compren o produto. arca