Touro ensina maxia á cativada

Maxia
C.G.
Cartel do obradoiro de maxia. Foto: C.T.

TOURO. O Concello de Touro organizará o 9 de setembro na casa da cultura un obradoiro de maxia. Esta actividade, que como din dende o goberno local logrará que os nenos sorprendan á familia “con trucos moi sinxelos e divertidos”, está destinada a crianzas de entre 7 e 14 anos de idade. Desenvolverase entre as 16.00 e as 18.00 horas na casa da cultura. Todos os que desexen anotarse a esta proposta máxica teñen para facelo ata o día 2 de setembro chamando aos teléfonos 981 814 566 e 981 504 029. Por certo que tamén en setembro, o Concello ten prevista unha excursión a San Andrés de Teixido e Punta Frouxeira. Os interesados teñen para inscribirse ata o 9 de setembro nos números anteriores. C.G.