Touro fará o 31 a festa de Samaín

Samaín
Claudina Estévez
Cartel da festa de Samaín de Touro. Foto: C.T.

TOURO. Xa non queda nada para festexar o Samaín e non son poucos os concellos que cada ano acollen de bo grado esta celebración, que incrementa a súa fama pouco a pouco. Touro, a través do goberno local, celebrará o vindeiro día 31 unha gran festa con este motivo na casa da cultura ás 17.00 horas. A xornada estará cargada de música e baile. Non faltará, por suposto, a maquillaxe para disfrazarse, desenvolveranse asemade obradoiros e haberá chocolatada para os asistentes. Hai que lembrar tamén que a casa da cultura acollerá a vindeira semana un taller de máscaras e outro de pintado de cabazas para ir facendo boca antes do gran día. Dende o Concello animan a toda a veciñanza a participar. C.E.