Un total de 120 veciños de Frades desfrutaron este Nadal da xa clásica excursión a Xuvenlugo

Excursións
Claudina Estévez
Un momento da saída a Xuvenlugo organizada polo Concello. Foto: C.F.

Frades. Un total de 120 veciños e veciñas de Frades participaron na xa clásica saída a Xuvenlugo, que organiza todos os anos o Concello de Frades. Unha cifra que supón igualar o récord de participación rexistrado o ano pasado, “o que demostra o interese que esperta esta feira lucense que inclúe diversas atraccións e xogos dirixidos ao público infantil e xuvenil”, indica o goberno local.

A expedición saíu ás tres da tarde da casa do concello nuns autobuses que os trasladaron ata Xuvenlugo, onde os veciños e veciñas puideron desfrutar de ludotecas, inchables, obradoiros, videoxogos, minigolf, pistas de slot, salas de escape room, atraccións variadas, rocódromo e moitas máis actividades. Foi unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, da vila, Roberto Rey Martínez; o concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Portos; e polo técnico municipal de Deportes, Lino Espiñeira.

A próxima saída terá lugar o luns 2 de xaneiro a outro parque de atraccións, neste caso ao Multixogo Nadal no Multiúsos Fontes do Sar (Santiago de Compostela). Os que desexen inscribirse deben facelo no Concello (981 695 567). c.e.