Veciñas e veciños de Touro aprenden cestería

Oficios
ARCA
Participantes no curso de cestería que finalizou hai uns días. Foto: Concello de Touro

TOURO. Unha vintena de veciños e veciñas aprenderon a técnica da cestería durante o curso organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de recuperar os vellos oficios e a tradición de facer cestos nas casas. O Concello de Touro retomou a finais do pasado mes de marzo este curso que conta con moita demanda entre a veciñanza. O pasado sábado celebrouse a última aula na casa da cultura de Touro, impartida por un mestre cesteiro natural do Concello de Rois. Tivo lugar nas tardes do último sábado de marzo e todos os sábados de abril. Os participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais naturais como vimbios, salgueiros, mimosas e médula, según explicou o mestre. Esta iniciativa, que trata de recuperar as vellas tradicións artesanais, comenzou a súa andaina no Concello de Touro fai arredor de dez anos. Os asistentes, que amosaronse moi satisfeitos co curso, despediron esta formación ata o próximo ano. arca