Veciñas e veciños de Touro coñecen Valença do Minho e Cerveira

Excursións
ARCA
Grupo de excursionistas de Touro en Portugal posando durante a viaxe. Foto: Concello de Touro

TOURO. Un grupo de veciños e veciñas do concello de Touro visitaron a fin de semana Portugal para coñecer as localidades de Vilanova de Cerveira e Valença do Minho. Os responsables municipais foron quenes organizaron a excursión, na que os participantes desfrutaron dun fermoso día de sol. Segundo fontes municipais, en Vilanova de Cerveira os excursionistas poideron facer compras na famosa feira ubicada no centro da localidade e á beira do río Miño. Despois de comer, o grupo trasladouse ata Valença do Minho e á súa fortaleza, localidade próxima á fronteira con Galicia. Indicar que o Concello de Touro ofreceu, sen coste para os excursionistas, o autocar e un seguro individual para cada un dos asistentes. Trátase dunha das actividades que o goberno local oferta para que todos os veciños de Touro poidan viaxar. arca