Volve a Cornado a Festa dos Rixóns tralo parón

Festa
Claudina Estévez
Un momento da festa nunha pasada edición. Foto: A.B.

TOURO. A parroquia de Cornado, en Touro, retoma a Festa dos Rixóns despois do parón a causa da pandemia. Folclore, bo xantar, samaín, concurso de disfraces e feira de artesanía nun só evento, que terá lugar este martes, 1 de novembro, en San Tirso de Cornado. A organización do festexo, que corre a cargo da comisión de festas da parroquia (Asociación O Batán), explica que Cornado “quere pór en valor non só os rixóns senón todo o procedemento tradicional para a súa elaboración. De feito, os rixóns van ser os protagonistas do menú preparado para o día da festa, se ben tamén haberá filloas, tortillas e pizzas de rixóns con queixo de Arzúa”. A festa comeza cunha sesión vermú que amenizará a Asociación Cultural A Pinguela de Bama. De animar a sobremesa encargarase Pulpiño Viascón. Pola tarde hai concurso de disfraces. E, a partir das 18.00, actuará Brincadeira e a Asoc. Cultural A Pinguela de Bama. Colabora o Concello e a Deputación. C.E.