Xogos en Touro nos que a igualdade é o centro

Igualdade
Claudina Estévez
A cativada do Verán Lúdico durante a actividade. Foto: C.T.

TOURO. O Concello de Touro aposta pola educación en valores igualitarios, e é por iso que as actividades do tempo de lecer, centradas no Verán Lúdico que organiza o Concello ata setembro, son un bo escenario para que nenos e nenas aprendan xogando estos valores. Os pequenos participaron na actividade Sempiterna Palabra, na que a cativada, arredor de sesenta, tivo que buscar as letras vencelladas á igualdade. Xogaron con elas e descubriron a importancia do traballo en equipo. Logo levaron unha pulseira coa palabra que máis lles gustou. C.E.