Andrea San Xurxo publica o seu primeiro libro con só 17 anos

El Correo Gallego
Andrea San Xurxo

SANTIAGO Con só 17 anos, Andrea San Xurxo, estudiante de Artes Plásticas no IES de Sar, presentou onte o seu primeiro libro, Memorias dunha estrela, no que compila unha serie de poemas que no seu día foron premiados en diferentes certames literarios. Escrito en galego e cunha voz feminista, a publicación desta obra supón un paso máis na súa prolífica carreira como escritora, pese a súa xuventude. Di que é un libro cargado de luz, mais tamén de oscuridade, pero sobre todo, engade, é unha homenaxe a súa avoa, á que estaba moi unida. A súa perda, cando Andrea só tiña 12 anos, foi o inicio da súa paixón por escribir, e dende entón acumula moitísimos recoñecementos, o primeiro, o certame literario do Concello de Ames. Xa coa mirada na etapa universitaria, ten claro o seu futuro: a literatura e a comunicación audiovisual. Parabéns