Costa da Morte está xa no mapa da rede nacional de Paradores

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Julio Castro

EXPERIENCIA. Fíxose de rogar, pero o parador de Muxía xa é unha realidade e ten data de apertura: 25 de xuño. Un establecemento que sitúa á Costa da Morte no mapa da rede de Paradores de España e que abrirá as súas portas co cartel de “completo” para os meses de xullo e agosto. Ao mando do timón está Julio Castro, un fisterrán que coñece á perfección estas comarcas atlánticas e que atesoura unha longa experiencia en Paradores. Baste con decir que chega a súa terra logo de dirixir nos últimos anos o Hostal dos Reis Católicos, de Santiago de Compostela, un dos buques insignia da rede. Sempre dixo que si Galicia necesitaba doutro parador, ese tiña que estar na Costa da Morte. E así foi. O destino quixo que sexa el quen pilote este novo proxecto que, de seguro, chegará a bo porto, pois o seu bo facer é o selo da rede son os mellores avais.