De Vimianzo a África para apoiar a persoas afectadas pola lepra

Solidariedade
Jose Manuel Ramos
Estrella Arjomil

solidaria Sentíase demasiado feliz e decidiu vivir a experiencia da pobreza. Iso sucedeu hai 14 anos, cando Estrella Arjomil, natural de Vimianzo, exercía de monxa en Canarias. Das illas afortunadas viaxou á capital de Mozambique e, dende alí, á rexión de Cabo Delgado, unha das máis afectadas pola lepra e que ademais está en guerra. Alterna o seu labor en Pemba, a cidade de referencia, con desprazamentos de centos de quilómetros para asistir a domicicilio aos residentes nas aldeas. Cando a sinten chegar, chámanlle “a mamá”, pois xa é un membro máis das familias ás que asiste. Unha misión que reforzou o seu carácter inconformista e o espírito de superación, que tamén caracteriza ás xentes coas que convive, pese aos numerosos atrancos da vida. Agora loita por un centro asistencial para os máis desfavorecidos e seguro que o logrará.