Divulgador e valedor do patrimonio lendario da Costa da Morte

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Rafael Lema

HISTORIADOR. Gran coñecedor e divulgador da historia dos naufraxios da Costa da Morte, o escritor e investigador Rafael Lema, da Ponte do Porto (Camariñas), da agora un paso máis recollendo nun libro as lendas e mitos locais destas terras atlánticas. E faino seguindo unha das iconas actuais deste litoral: o Camiño dos Faros, que exerce tamén de guía aos lectores para que coñezan polo miúdo a esencia destas terras que, como ben di o autor, vai máis aló da beleza das súas paisaxes e espazos naturais. Lema quere que a súa obra sirva para que a tradición lendaria se coñeza fóra do ámbito local e que sexa un atractivo máis para que sendeiristas, peregrinos e turistas se sintan atraídos pola Costa da Morte. Un recuncho peninsular no que, segundo o escritor porteño, “a mitoloxía segue viva” e esperemos que o siga por moito tempo.