Kiko da Silva e Quico Cadaval, innovación dende a cultura

El Correo Gallego
Da Silva e Cadaval. Foto: G.

COLABORACIÓN Convén sumar para seguir adiante, e no eido da cultura hai que salientar apostas como a que van facer esta noite Kiko da Silva e Quico Cadaval. O primerio, é un autor ven coñecido pola audiencia de EL CORREO polo seu traballo gráfico diario na sección veciña A Silveira, e hoxe vai protagonizar con Cadaval unha mistura entre o mundo do cómic e o teatro. En Pontevedra van artellar por primeira vez un espectáculo chamado Oralidade Ilustrada, unha ponte creativa que pode ser bo exemplo para esquecer o ceo de pedras que as veces semella nosa sociedade. As artes, de onte e de mañá, son boa escaleira para ir máis alá da terra queimada destes tempos onde verbas como imaxinación e creatividade non teñen boa prensa. Cando dos artistas galegos coma eles van xuntos da man... melloramos todos un chisquiño. E falta fai.