Loitando para lograr un pacto pola ciencia en Galicia

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Juan L. Lema Rodicio

COMPROMISO Onte a RAGC celebrou o Día da Ciencia en Galicia cun acto no que se entregaron medallas á prestixiosa traxectoria de cinco científicos galegos e os premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo, a noveis e proxectos. Neles reflíctese a gran categoría dos traballos científicos e dos profesionais que temos en Galicia nesta materia. O presidente da Academia, Juan M. Lema Rodicio, recoñeceuno no seu discurso e ofreceu a colaboración da institución que preside para promover un pacto pola ciencia en Galicia, co que se logrará dinamizar o modelo socioeconómico e poderase establecer un programa de atracción e retención de talento investigador na nosa comunidade. Esperamos que lle fagan caso, que o pacto se consolide, xa que supoñería poder seguir avanzando nun ámbito que nos beneficia moito a todos.