Manuel González fai que PuntoGal aposte tamén pola literatura

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Manuel González preside PuntoGal. Foto: asociacion.gal

CULTURA. PuntoGal, entidade con Manuel González como presidente, sobresae polo seu traballo no eido de internet e as novas tecnoloxías pero veñen de dar unha boa mostra de que tamén apostan pola la literatura xa que, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), levaron adiante xa a edición número catro do seu Concurso de microrrelatos, creado como xanela para creadores de idade infantil e xuvenil. Alex Gallego Couñago, alumno do CEIP Manuel Padín Truiteiro de Arcade, ven de acadar o primeiro posto na categoría de estudantes de menor idade e a ourensá Alba Guzmán Falcón, do IES Eduardo Blanco Amor, no apartado para os rapaces máis maiores. Esta mistura de PuntoGal de agarimo mesmo para o mundo feito pixel que para o das letras, é ben salientable nestas datas de maio onde toca facerlle homenaxe a Xela Arias.