Mozas comprometidas coa memoria histórica da Costa da Morte

Audiovisual
Jose Manuel Ramos
Paula Castiñeira y María González

xornalistas. Amigas e compañeiras de clase dende nenas, Paula Castiñeira e María González, veciñas de Cee, veñen de rematar os seus estudos cun traballo de fin de máster que vai máis aló do habitual. Decidiron recuperar e poñer en valor a historia da antiga industria baleeira de Caneliñas, e fixérono ao grande, producindo o documental A costa das baleas, un audiovisual que sacará do olvido unhas instalacións hoxe en ruína na costa ceense e, sobre todo, a memoria dunha factoría que foi moi importante na economía da Costa da Morte. Para iso recolleron testemuñas de persoas que traballaron na factoría, xentes da zona e tamén voces da cultura e o arte para aportar unha visión actual. Un dos seus obxectivos é reivindicar que se lle dé unha nova vida a ese patrimonio poñendo en valor o enclave paisaxístico e a historia que atesoura. Escoítenas.