Novas experiencias musicais para escoitar na Costa da Morte

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Bieito Romero

divulgador. Fundador e músico do mítico grupo Luar na Lubre, Bieito Romero, mantén dende hai moitos anos unha estreita vinculación coa Costa da Morte. Unhas terras que inspiraron moitos temas da banda e que volven a ser protagonistas no seu último traballo discográfico, que veu a luz o pasado venres baixo o nome Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, e no que, a través da música, rememoran, entre outros, a Mártiros e o Vákner, (Bela) Muxía e Dugium. Moi preto deste último escenario lendario, Romero presentou onte un innovador proxecto que permitirá aos hóspedes do Hotel Bela Fisterra gozar dunha experiencia musical pioneira a través de bandas sonoras orixinais que poderán escoitar nos seus cuartos. Unha escolleita de calidade e de músicas apegadas á terra que convidan a descansar e repoñer forzas na fin da terra.