O Consello da Cultura Galega (CCG ) medra con Rosario Álvarez

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Rosario Álvarez. Foto: G.

CULTURA. Xela Arias, homenaxeada co Día das Letras Galegas neste 2021, artella boa parte das accións culturais nestas datas e, nese aspecto, ven paga a pena salientar os esforzos e o labor do Consello da Cultura Galega (CCG), entidade que con Rosario Álvarez como presidenta medra no seu traballo. De feito, esta institución recuperou un texto da autora no marco da edición conmemorativa coa que homenaxea, apostando por unha publicación que “proclama a importancia da escritura como forma intervención”, siñala Álvarez, quen, como boa catedrática de Filoloxía Galega, pola Universidade de Santiago, é quen de engadir esforzos e proxectos para que o vindeiro 17 de Maio sexa de novo unha festa para o mundo das artes galegas, en concreto, nos eidos da literatura e da poesía, áreas das cales ela mesma ten moito ceñecemento.