O premio Blanco Amor recoñece a novela dunha das grandes

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Marilar Aleixandre. Foto: Efe

galardón Distinguida ao longo da súa extensa traxectoria con diferentes galardóns literarios, Marilar Aleixandre acaba de converterse por mérito propio na flamante gañadora do prestixioso XXXIX Premio de novela longa Eduardo Blanco Amor. Un recoñecemento outorgado polo xurado por unanimidade á súa obra As malas mulleres, e que a escritora presentou a concurso baixo o lema Láudano. Un texto no que a académica da RAG relata con brillantez a historia das coñecidas como “visitadoras de cárceres”, nun consistente retrato do último terzo do século XIX, incorporando “con habelencia elementos poéticos que reforzan unha trama ben estruturada e compensada que enriquece o relato”, segundo destacaron os membros do xurado da novela desta bióloga, catedrática ad honorem da USC, narradora, poeta e ensaísta. Parabéns, Marilar!