O tan merecido coma ‘innecesario’ premio a Xosé Manuel Beiras

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Xosé Manuel Beiras

moi poucas personalidades en Galicia contan co carisma, a autenticidade e o recoñocemento que ten Xosé Manuel Beiras. Á marxe de ideoloxías, ninguén dubida da súa entrega na defensa da cultura e a lingua galegas. Nesta faceta, a USC recoñeceu onte coa entrega do Premio Luis Porteiro Garea o seu labor na defensa e promoción do uso do galego na universidade. O galardón é tan merecido, por unha vida de entrega a todo canto representa a cultura galega, coma ‘innecesario’ (entre comiñas), tendo en conta que o profesor Beiras non precisa de premio algún para representar, de por si, unha das figuras máis meritorias nese eido. Tan certo é que falar del significa referirse a un rostro polarizante como o feito de que a súa traxectoria fíxolle merecedor dun lugar de privilexio, con profunda pegada, no corazón de moitos galegos. Unha pegada semellante á de aquel zapato co que petou no seu escano do parlamento galego. Ambas, sen dúbida, imborrables...