Pablo Barreiro, talento da música en Galicia hoxe en primeiro plano

El Correo Gallego
Pablo Barreiro. Foto: G.

TRABALLADOR. Na música como noutras artes hai esforzos na sombra, no segundo plano que aínda que non reciben o calor do foco do público son moi necesarios para que todo vai adiante e cando ese traballo ten como protagonista a Pablo Barreiro... todo sae mellor. Produtor, compositor e técnico de son, Pablo leva máis de tres décadas como responsable do arquivo sonoro da Radio Galega, emisora pública onde está considerado unha base fundamental sen facer ruido, certo, cunha excepción: a de onte. Sí, Pablo ven de recibir o Premio Honorífico da oitava edición dos galardóns Martín Códax, unha distinción que vén dos músicos, daqueles que saben que o seu talento no segundo plano ben paga a pena salientar agora que a música vive intres duros pola falta de apoios públicos para superar a crisa da covid. As veces un premio fai que gañemos todos.