Premio de Agapi para Ana Romaní, xornalista cultural e poeta

El Correo Gallego
Ana Rromaní. Foto: G.

EXEMPLO Ana Romaní é un faro nas augas do noso eido cultural pois mesmo crea que difunde obras no seu traballo na emisora pública Radio Galega. Agora vén de acadar o Premio de Honra Dolores Ben da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), distinción con xusta aprobación xeral. Esta xornalista cultural con longa obra no mundo da poética, é académica numeraria da Real Academia Galega (RAG) e ao longo da súa carreira leva recibido numerosos galardóns e recoñecementos aos que hoxe suma o I Premio de Honra Dolores Ben. Nun intre no que a cultura ten menos apoios dos que precisaría, que Galicia teña persoas como Ana Romaní axuda a que o xardín que artellan literatura, música, cinema, danza, escultura, pintura e teatro medre sabendo que hai alguén que promove as artes dun xeito ben activo.