Recoñecemento a unha escritora e a súa lingua

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Olga Novo Presa

AUTÉNTICA. O premio Nacional de Poesía deste ano recaeu nunha das nosas voces líricas contemporáneas, Olga Novo Presa, polo seu libro Feliz idade, da que o xurado eloxiou a súa vitalidade, a parte de resaltar que a súa poesía “conxuga autenticidade e verdade, e distínguese pola súa linguaxe visionaria que trae á contemporaneidade o eco ancestral de toda unha tradición literaria”. A obra trata sobre o encontro dunha persoa maior enferma coa súa neta recentemente nada e a morte ten un protagonismo especial. Moi auténticas parécennos esta obra e esta escritora, que co galardón que lle concederon pon moi alto o seu traballo pero tamén á lingua galega, a un idioma “periférico”, segundo as súas propias palabras, que grazas a ela ten un protagonismo especial. Poesía, muller e idioma galego, un trío gañador que esperamos siga recollendo premios.