Sabela Ramos unha enxeñeira exemplo do empoderamiento real

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
A enxeñeira Sabela Ramos

EXPERTA NAS TIC. esta enxeñeira informática padronesa é, os seus 34 anos de idade, todo un exemplo de empoderamiento femenino e de conciencia de que aínda hai moitos peldaños que escalar neste longo camiño cara á igualdade real. Sabela Ramos é enxeñeira en Google Research, obtivo o seu doutoramento en Computación de Altas Prestacións na Universidade da Coruña (UDC) e realizou un posdoutoramento na Escola Politécnica Federal de Zürich (ETH Zürich) onde investigou para crear modelos matemáticos do rendemento de microprocesadores. Pero ademáis e unha clara activista do colectivo Google Women in Engineering, onde se estimula a presenza feminina no sector TIC. Por todo elo o Colexio de Enseñeiros Informáticos de Galicia acaba de outorgarlle o premio Ada Byron, que recibirá o vindeiro día 30. Parabéns.