Un exemplo de ‘bo facer’ coa veciñanza e co entorno natural

Cuadro de Honor
El Correo Gallego
Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo.

pequenos bos xestos O concello de Carballo vén de amosar outro exemplo dese ‘bo facer’ que só se pode acadar nas localidades máis pequenas e cercanas. Como parte do programa municipal de compostaxe ‘Ti tes a chave’, o goberno local está a agasallar á propia veciñanza involucrada coa incitiva as plantas de temporada que se retiran dos xardíns. Pero alén de poñer en valor, cun pequeno pero valioso xesto, a labor dos carballeses que están colaborando coa compostaxe no municipio, esta iniciativa está traendo consigo novas inscricións no programa, e dando unha segunda vida ás plantas que ata o de agora decoraban as estradas e parques da vila. Toda unha mostra do que se pode conseguir nos gobernos máis pequenos, mantendo a cercanía entre a administración e a cidadanía para promover o respecto polo noso entorno.