Boa viaxe!

Lois Celeiro

CANDO todo se acabe, que quedará? Quedará o aire frío que vén da serra, a calor intensa que expanden os lumes sen apagar destes tempos, eses que abafan á sociedade morta por asfixia, á irrecuperable sociedade atafegada por mor da miseria ruín que tanto avanza, que camiña innecesariamente canda nós e canda vós. Quen sabe o que quedará?

Se non hai quen recupere a memo-ria, se ninguén se acorda, se todos e
todo queda pendente da chave, do contrasinal e dos organizadores do cerramento deste territorio que se presu-
mía aberto e libre, no mundo quedará escuridade total.

Escuridade e silencio absoluto bramando e bruando nas noites sen lúa, nos amenceres sen claridade e sen o aloumiño do sol. Ou nos días longos da primavera sen pan, logo, sen vida, sen traballo e sen parada. Cando todo estea a escuras, quen alumará o camiño? Un ou varios chegarán prestos e preparados para darlle brillo á sombra e á noite.

Cando todo se acabe, será necesario empezar de novo, recuperar a esperanza, buscar o camiño e andalo ata que resplandezan outra vez tódalas noites, incluídas as noites na eira do trigo, como se tal fora. Máis arriba, cerca do ceo, hai xente agardando polo resplandor e seguen esperando cada día, coas mans no peto e coa cabeza ergueita mirando pola esquina da noite e observando como pasa o silencio berrando.

Quedará a árbore comida pola filoxera, o monte apagado e calcinado, as estradas obstruídas polos vehículos sanitarios, a sanidade convertida nun espanto, os doentes, mortos e tódolos mortos á espera de que lles dean tranquilamente praza no crematorio. Quedará o que quede, pouco ou nada.

Os desaparecidos van organizados en procesión e tamén ás escuras. Sen rota marcada, sen escoller itinerario e sen saber onde está o sinal que in-dica o final da escalada. Os que morren calan, os que rezan paran e os que seguen esperan e agardan pola derradeira palabra. Os labregos, os mariñeiros, os poetas, os culturetas, os artistas, carpinteiros, obreiros,
intelectuais, xornalistas, mecánicos
e menciñeiros sofren, discuten e avanzan, camiñan e, se é preciso, antes de chegar, falan.

Amigos lectores, estamos na pro-cura de que todo poida verse normal e con normalidade, de que se poida falar e de que se fale, con tranquili-
dade e sen xenreira, con amizade
e con aprecio, ata que a mirada se
pare. E, cando se pare, o silencio
continúa e o mundo segue o seu camiño. Para todos aqueles que non se baixen, boa viaxe!