Coa saúde non se xoga

Lois Celeiro

A relación entre a saúde e a economía é evidente. A covid-19 demós-trao con clareza, os poderes econó-micos mundiais sábeno ben e ben que se aproveitan de facer negocio
co mal, con esta enfermidade e coas outras. O laboratorio que anunciou, recentemente, resultados esperanzadores dos seus estudios clínicos en persoas con alzhéimer agrandou,
cerca dun nove por cento, o valor
das súas accións.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) a enfermidade de Alzheimer é a forma máis frecuente de demencia, con cerca do setenta por cento dos casos. Os datos ensombrecen a memoria dos sans: no mundo hai cincuenta millóns de persoas que padecen demencia e, de seguir así, en 2050 serán máis de cento cincuenta millóns.

Perder a memoria é como perder
a cabeza e “quen perde a cabeza –como di a Tía Manuela– pérdeo todo”. Os políticos, non. Algúns non lembran como se chama o lugar onde
están alardeando arrogantemente
do seu poder, esquecen o que dixeron, coa mesma arrogancia, onte ou antonte e son incapaces de enten-
der e comprender que os atentos e curiosos espectadores manteñen a capacidade de pensar, o xuízo, o dereito a votar libremente e o dereito a desprezar o seu teatro.

Os políticos son outra cousa. O escritor mexicano Marco Aurelio Almazán, di que son aqueles que pretenden impedir que a xente se preocupe polo que verdadeiramente lle interesa, son actores que aloumiñan a mentira cando queren ocultar a realidade.

E, aí está. Un informe da OMS apunta que o custe anual da demencia a nivel mundial supera os 692.639 millóns de euros, sen contar os desgustos e os pesares das familias, e sen ter en conta os esquecementos voluntarios ou os cambios bruscos de pareceres ou de interpretacións.

Os logros para deter esta enfermidade avanzan lentamente e dependen do facer da ciencia, da economía e da política. Cómpre que os gobernos traballen con intensidade para harmonizar a actividade desenvolvida polas autoridades de saúde e asistencia social, os profesionais da medicina, os investigadores e as organizacións da sociedade civil, tratando de mellorar a inversión en investigación e liberar á humanidade dos ataques das enfermidades perigosas.

Para acadar este obxectivo é conveniente ter convencemento de que coa saúde non se xoga nin se negocia.