“Dito, feito, Feixóo”

Firmas
Afonso Eiré

O 11 de febreiro do ano 2009, o candidato do PP, Núñez Feixóo, convocounos aos medios de comunicación na Praza do Obradoiro compostelá, e alí, coa bandeira galega ao lado e a residencia de Montepío, onde vive o presidente da Xunta, ao fondo para que saíse nas fotos, presentounos o seu “contrato con Galicia”.

Non só iso, retounos “aos xornalistas e aos cidadáns” a que, pasados catro anos, “me pidan contas”.

Eu sei que, en catro anos, e imposíbel cumprir as promesas electorais así que decidín agardar oito anos máis para pedirlle contas, como nos retou aquel día.

A primeira promesa era facer do emprego a “máxima prioridade” do seu goberno, elaborando un plan estratéxico, centrado nos sectores produtivos, para loitar contra a crise.

Ademais, Núñez Feixóo compro-meteuse a aplicar “austeridade” na Administración, para o que reduci-
ría os gastos “superfluos” en publicidade, altos cargos, gabinete, aseso-
res, automóbiles, obras e dependencias do goberno.

Asinou que ía rebaixar os impos-
tos autonómicos e garantir por lei
un tempo máximo nas listas de espera sanitarias, así como aplicar a Lei de Dependencia de forma “efectiva”
e promover a conciliación, de xeito que todas as crianzas teñan unha
praza de gardería.

Facer que a mocidade “pase a primeiro plano” e garantir que todas as persoas, vivan no rural ou nas cidades, teñan as mesmas oportunidades e apostar por un desenvolvemento sostible, foron outros dos compromisos.

Núñez Feixóo tamén deu a súa palabra de que ía “recuperar o consenso nos símbolos identitarios”, sobre todo en cuestión de lingua.

O investimento en innovación, a reforma da Administración e a rexeneración democrática, “acabar con el clientelismo”, foron outros dos seus “obxectivos irrenunciables”.

Aínda que o reto do “dito, feito, Feixóo”, ía dirixido tamén aos xornalistas, como non teño espazo e unicamente son un intermediario da cidadanía, déixolles a vostedes avaliar se cumpriu a súa palabra nestes doce anos ou non, pois, nestas eleccións, volve facer os mesmos compromisos...