O home da boina

Firmas
Otilia Seijas

O vin entre a case outounal paisaxe dunha tarde agosteña, ó pasar diante da fonte vella do lugar, coa súa boina negra, inconfundible por levar unha pluma de perdiz enganchada nela.

Estaba enfraquecido, co aire especial da convalecencia, a mitade do camiño entre a milloría e a recaída.

Levéi case un susto, porque aquela figura botaba por terra todos los comentarios sobre a misteriosa morte daquel home, alto, camiñante incansable das sendas, dos campos, dos camiños e cruces que conforman a comarca, pisando a modo e saudando á xente, o mesmo tempo que levantaba a pucha proletaria e diferente, cargada de recordos.

Aquela gorra non paraba na cabeza, pois como o paisano non deixaba sen saudar a ningúen e os camiñantes eran numerosos, podemos decir que se desprazaba por sí soa, voaba dunha persoa a outra como si tivera un impulso interior, e todos quedaban satisfeitos. O home as veces levaba a man a ingle (xa que era a causa dos seus males) e detíñase uns segundos para aliviar o malestar.

A casa estaba bastante lonxe, porque quería poñer distancia entre ela e os seus problemas, sen pensar que eso era unha utopía, As brevísimas aparicions da esposa, descolorida como fror murcha, deu lugar á noticia da súa norte, aínda que ninguén na aldea viu ningúnha sinal nin se despregou todo ese ritual característico sobre todo no rural.

Desapareceu deixándonos un pouco orfos, pero ¿entón quén era o home da fonte que agora estaba diante da porta da súa casa? Non puido voltar tan apresa porque andaba pasaniñamente e non podía valerse doutro medio de desprazamento polas súas limitacions. Un misterio que non logro explicar neste verán horribilis que estamos a vivir.