e director teatral cunha destacada traxectoria

B. Pascual Macías

Santiago. A Deputación da Coruña

emitiu onte unha nota na que se daba conta da morte do escritor, actor e director teatral Lino Braxe, “unha figura de especial relevancia no mundo cultural galego, que deitaba o seu entusiasmo en numerosas iniciativas e proxectos que daban conta da súa creatividade e nos que, moitas veces, revisitaba grandes fitos da nosa cultura”. Dous dos títulos poéticos que forman parte da súa obra literaria foron publicados pola Deputación da Coruña, O longo día acaba en 2002 e Alaridos, no ano 2006. En 2018, a Deputación producía un singular espectáculo dirixido por Lino Braxe para a compañía Teatro Proscrito. Da súa man chegaba por vez primeira a obra de Díaz Pardo Midas á escena. Respondía a iniciativa a esa recuperación da historia teatral galega na que traballou.

Braxe deixa unha ampla obra e unha memoria profunda de amor á cultura galega. Actuou en producións do Centro Dramático Galego, foi actor de dobraxe, colaborou en radio e foi un dos fundadores de Luzes de Galiza. Tiña 58 anos. r.h.