Concentracións de sindicatos, ANPA e estudantes

El Correo Gallego

protesta. Docentes, pais e estudantes participarán este mércores en diversas concentracións simultáneas en 25 municipios galegos para protestar pola xestión da Xunta da volta ás aulas neste contexto de pandemia pola covid-19. As protestas serán ás 19.00 horas e están secundadas tanto polos catros sindicatos que convocan a folga do 23 de setembro (CIG, CCOO, CSIF e STEG); como polas confederacións de ANPA Confapa-Galicia e Anpas Galegas e as asociacións de alumnos Erguer e Anega. As concentracións levaranse a cabo nos concellos galegos de Santiago de Compostela (praza de Praterías), A Coruña (praza de Pontevedra), Arteixo, Betanzos, Carballo, Cee, Ribeira, Ferrol (edifico da Xunta), As Pontes, Lugo (edificio da Xunta), Monforte, Ribadeo, Viveiro, Burela, Ourense (praza Maior), Verín, O Barco de Valdeorras, Pontevedra (praza da Peregrina), Lalín, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Vigo (Marco), Cangas, A Guarda e Ponteareas. Ademais, o Sindicato de Estudantes a nivel nacional convocou folga desde hoxe, mércores, e ata o venres. “Polo dereito a un ensino público presencial, de calidade e con aulas seguras” e “Por un plan de investimento masivo para a contratación de profesorado, a redución de ratios e a fin da fenda dixital”. ecg