O alumnado de formación profesional vese perxudicado dende que se decretou o estado de alarma// Seis estudantes de diferentes cursos mostran a súa opinión ao non ter un plantexamento estipulado //A día de hoxe descoñecen cómo se procedará cos traballos e coas prácticas TEXTO Paula Pérez Cantelar

Incerteza nas FP: os alumnos piden solucións urxentes

Educación
Paula Pérez Cantelar

A formación profesional (FP) é aquela ensinanza que engloba distintos estudos e aprendizaxes caracterizados pola súa vertente práctica e a súa cercanía ás empresas. Por iso, é fácilmente deducible que o estudantado destas, sexa o máis afectado pola alteración abrupta do normal funcionamento do curso académico. Mais dentro desta modalidade de estudos, diferenciamos tipos de FP de natureza máis práctica e incluso dentro destas, cursos máis prácticos ca outros. Así pois, o estudantado recoñece que as persoas máis afectadas por esta situación son as que estudan modalidades máis funcionais como a FP Dual, ou o segundo curso de calquera, xa que o terceiro trimestre se realiza integramente nunha empresa. As solucións para este alumnado deron máis quebradeiros de cabeza para os superiores ao mando da situación, e dende fai unhas semanas, o alumnado por fin atopa esa seguridade e certeza que precisaba, aínda que, como sabemos, non sempre chove a gusto de todos, polo que hai quen non está dacordo co que se plantexa.