Nivel máximo de restricións na Pobra do Caramiñal e Mos

Ordes e Viveiro quedarán no nivel alto e once municipios máis no medio // As novas medidas entran en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 5 de xuño
COVID
Redacción ECG
Varias persoas na terraza dun bar, a 29 de maio de 2021, na Coruña, Galicia. / M. Dylan / Europa Press

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal. Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ordes e Viveiro. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Moraña, Ponteareas, Cenlle, Lobios, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Boiro, Oroso, Xove, Vilalba e Monforte de Lemos. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 5 de xuño.