Nivel máximo de restricións para os concellos de Padrón, Cambados e Laza

As novas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres
COVID
Redacción ECG

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Laza e Padrón. Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 14 de maio. REDACCIÓN