A dimisión do alcalde nacionalista de Catoira aborta a moción de censura de PSOE e PP

Unha negociación in extremis entre socialistas e BNG botaron abaixo as posibilidades // Varios edís optaron por non acudir ao pleno polo que este non chegou a celebrarse
Política
El Correo Gallego
CATOIRA (PONTEVEDRA), 21/05/2020.- El hasta hoy alcalde de Catoira (Pontevedra), Xoan Castaño, tras dimitir durante el pleno en que se iba a debatir la moción de censura impulsada por PSOE y PP contra el, y que ha quedado suspendido. EFE/Lavandeira JR

CATOIRA (PONTEVEDRA). EP. A dimisión presentada polo alcalde de Catoira (Pontevedra), o nacionalista Xoán Castiñeiro, cinco minutos antes das doce do mediodía --a hora prevista para o inicio do pleno-- abortou a moción de censura que presentaron contra el o PSOE e o PP.

Paralelamente dous concelleiros do grupo socialista presentaban tamén unha carta na que renunciaban a apoiar a moción de censura que socialistas e populares formalizaran o 3 de marzo contra o rexedor.

Estes dous movementos de última hora, propiciados por unha negociación in extremis entre PSOE e BNG, botaron abaixo as posibilidades de que a moción de censura prosperase. Ante esta situación varios edís tanto do grupo popular como do socialista optaron por non acudir ao pleno polo que este non chegou a celebrarse.

O xa exalcalde de Catoira, Xoán Castaño, explicou que a súa dimisión se debe a un acto de coherencia "non froito dunha presión, senón voluntario, razoado e razoable".

Segundo explicou, aínda no salón de plenos, a súa decisión estivo motivada porque se entendía que el podía ser un obstáculo para a formación dun goberno de esquerdas en Catoira. "É por iso que preferín presentar a miña dimisión e posibilitar que Catoira teña un goberno nacionalista, progresista e forte".