Alertan contra unha mancha de gasóleo preto do peirao de Corcubión

El Correo Gallego
verquido. Mancha de gasóleo moi preto do peirao da localidade. Foto: Sempre Corcubión

Corcubión. Responsables de Sempre Corcubión alertaron onte da aparición dunha mancha de gasóleo moi preto do peirao da localidade coruñesa de Corcubión. A formación política, que lidera Alfredo González, reclama nun comunicado feito público que se adopten canto antes medidas para a eliminación do gasóleo e que se abra unha investigación “para ver de donde procede o verquido e tomar as medidas oportunas” para así “evitar estes derrames con sancións, sobre todo aqueles que o axente provocador non active a voz de alarma para aminorar os seus efectos”, aseguran. Non é a primeira vez que se denuncian este tipo de verquidos e Sempre Corcubión entende que “xa é hora de actuar con firmeza ante estes atentados ao medio mariño” e ante as consencuencias que supón para as persoas e para a propia pesca. arca