Andaina pola senda que une as dúas urbes amesás

O.D. Vilar
Una anterior andaina por la senda que une las dos urbes de Ames, O Milladoiro y Bertamiráns. Foto: CDA

Ames. O Concello de Ames, e dentro da súa II Semana Europea da Mobilidade do 16 ao 22 de setembro, incluíu unha andaina pola senda verde, que discorre entre O Milladoiro e Bertamiráns, que se desenvolverá o domingo 20 ás 10.00 horas (anotacións a través do portal de Eventos Emes Sport).

A actividade está organizada en colaboración entre as Concellerías de Mobilidade, Sanidade, e Medio Ambiente. A andaina pola senda verde ten 13,23 quilómetros de percorrido lineal, cunha dificultade media-alta pola súa lonxitude. Ofértanse un total de 50 prazas (faranse dous grupos de 25 persoas). A inscrición pódese facer de xeito telemático ata o próximo xoves, 17 de setembro.

A idade mínima para participar é de 12 anos. Aqueles participantes que sexan menores de idade terán que ir acompañados dun adulto. Os participantes dividiranse en dous grupos diferenciados por cores, que lle serán asignados pola organización no momento da súa identificación antes do inicio da andaina. Cada grupo situarase no seu punto de saída polo menos 5 minutos antes do comezo da andaina.