Boiro difunde un videotutorial para as comunicacións sobre urbanismo
Boiro. O Concello de Boiro está a poñer todos os medios para facilitar aos cidadáns as vías telemáticas e telefónicas para facer trámites administrativos. Nesta liña, xa está dispoñible na canle de YouTube municipal un novo vídeo sobre como facer comunicacións en materia urbanística a través da web.
Nel, os interesados poden seguir paso a paso as indicacións para levar a cabo trámites de comunicacións nese eido. Estas xestións serven para solicitudes de licenzas de obras menores, que se teñen que facer por declaración responsable, de conservación e mantemento.
Con este servizo, o que se pretende é facilitar á poboación todos os medios para que os cidadáns poidan facer as súas xestións de forma telemática, sen necesidade de acudir de forma presencial ás oficinas da casa consistorial e evitar deste xeito as aglomeracións e as colas.
“O primeiro dos vídeos que se publicou é para tramitar instancias xerais, e agora súmase un tutorial para comunicacións en materia urbanística, pero seguiranse realizando outros audiovisuais explicativos para facilitar os trámites de xeito telemático aos cidadáns”, sinalan dende o Concello. s. s.