Castrigo ten por fin saneamento

El Correo Gallego
Unha casa da aldea de Castrigo

ames. Os veciños da aldea amesá de Castrigo, na parroquia de Ortoño, contan xa coa rede de saneamento que levaban demandando dende hai varios anos. Este proxecto tivo un atraso na súa execución debido á necesidade de dispor dos permisos que lle foron solicitados a Augas de Galicia e a demora en obtelos. Houbo que facer varias modificacións no proxecto inicial para poder dispor desas autorizacións necesarias. Finalmente, unha vez o Concello de Ames dispuxo destes permisos iniciouse a tramitación para sacar a concurso o devandito proxecto. A obra foi licitada por valor de 287.698 €, IVE incluído, e adxudicada á empresa José Varela Iglesias S.L. O mes pasado entrou xa en servizo. m. manteiga