Celebrarase o Día das Abellas cunha proposta infantil

El Correo Gallego
Convídase aos pequenos a facer un debuxo sobre a importancia das abellas

ARZÚA. O vindeiro mércores 20 conmemórase o Día Mundial das Abellas, e a Asociación Galega de Apicultura (AGA), con sede en Arzúa, non quere deixar pasar a celebración, a pesar de que só se poida facer de forma telemática, e por iso xa ten organizada unha proposta dirixida aos máis pequenos. A idea é que envíen un debuxo sobre a importancia das abellas, que será publicado no Facebook da asociación. Como recompensa, os participantes poderán visitar o museo O Enredo do Abelleiro, en Arzúa, coa súa familia, de balde. Ademais, recibirán un agasallo para o cal dito colectivo contará coa colaboración do Museo O Enredo do Abelleiro e da cooperativa Erica Mel. A. P.