Cerceda incorpórase ao programa de compostaxe doméstica de Sogama

El Correo Gallego
Sogama impartirá un curso de formación en Cerceda

CERCEDA. Cerceda, concello no que se asenta a sede e infraestrutura industrial principal de Sogama, adheriuse ao programa de compostaxe doméstica impulsado por dita empresa a fin de propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe e lograr así importantes beneficios ambientais, económicos e sociais. Nunha primeira fase, pasarán a formar parte desta iniciativa 150 vivendas, nas que se entregarán outros tantos composteiros de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, cedidos gratuitamente por Sogama. Condición indispensable é que as vivendas que participen sexan unifamiliares e conten con terreo no que aplicar o compost resultante. De forma complementaria, persoal de Sogama impartirá este mes un curso de formación destinado aos veciños que queiran ser parte da iniciativa. A.P.