Clausuran o Diververán de Rois máis de 80 nenos

El Correo Gallego
Nenos do Diververán de Rois

ROIS. Os máis de 80 nenos que durante o mes de xullo participaron no Diververán acudiron ata o polideportivo de Urdilde para participar no acto de clausura, unha festa na que a maxia e os animais mariños foron os

protagonistas. Durante a xornada o Mago Teto fixo rir e participar a moitos dos asistentes. Os animais mariños déronlle nome aos diferentes grupos nos que se distribuíron os participantes: estrelas de mar, cangrexos, cabaliños de mar, tiburóns, baleas, golfiños, tartarugas ou medusas. Ata o polideportivo achegáronse tamén o alcalde, Ramón Tojo, e o tenente, Manuel dos Santos, que agradeceron a participación do alumnado nun Diververán especial. Este ano celebrouse en tres localizacións diferentes: no

colexio dos Dices, en Urdilde e en Sorribas para cumprir coa normativa de loita

contra o covid-19. Ademais por primeira vez tamén se vai desenvolver no mes de agosto, para axudar ás familias a conciliar. A.P.