Crespo avanza a apertura do albergue de A Laxe

El Correo Gallego
Exterior do albergue de A Laxe, no concello de Lalín Foto: C. L.

lalín. Mañá mércores abrirá ao público o albergue de A Laxe, que estará en perfecto estado de revista para acoller visitas de peregrinos e coas instalacións adaptadas ás normas de seguridade e distancia, según o alcalde de Lalín, José Crespo, que indica que así llo vén de comunicar o director de Administración e Relacións coas Asociacións e Amigos do Camiño da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Isaías Calvo. O representante da Xunta vén de sinalar que mañá comezan a retomarse as reaperturas ao longo do Camiño de Santiago. arca