Efa Piñeiral impartiu unha clase sobre riscos dixitais e como gañar ‘likes’

El Correo Gallego
Charla de onte na Efa Piñeiral

ARZÚA. O centro formativo Efa Piñeiral, con sede en Arzúa, impartiu onte a segunda parte do curso de Instagram, dirixido aos máis novos. A primeira tivo lugar o pasado venres e centrouse en ensinar a editar as fotografías que se suben á rede de moda para que parezan profesionais. A clase estivo impartida polo fotógrafa Paula Asorey, e os dez asistentes puxeron en práctica os coñecemetos aprendidos inmortalizando detalles do xardín do centro, ou fotografándose entre eles. Onte, a última parte estivo adicada á prevención de riscos dixitais e tamén a tácticas para conseguir likes en Instagram. Os docentes de Efa Piñeiral mostráronlle aos alumnos as funcións da rede e a terminoloxía específica. Por certo que o vindeiro día 7 deste mes, o centro ten previsto un taller para aprender a facer smoothies. A. P.