Formación para o sector hostaleiro

Cibrán Canedo
Manel Deán.

CURSO DE ALERXIAS ALIMENTARIAS EN PORTO DO SON. A concellería de Emprego de O Son, que dirixe Manel Deán, organiza para esta última semana de maio unha edición gratuíta do curso de alerxias e intolerancias alimentarias, de 30 horas. Dadas as restricións establecidas polo estado de alarma, vaise desenvolver integramente online. Para participar nesta acción formativa, os interesados teñen ata mañá para presentar as súas solicitudes ao email jose.pazo@portodoson.gal, xunto cunha copia do DNI. Dadas as características, contidos e obxectivos do curso, terán prioridade as persoas que teñan relación directa con actividades de hostalería, restauración, comedores, comercio de alimentación e industria alimentaria.