incendios de onte na Maía e Teo

paula pérez cantelarTeo
Brigadista onte en Calo. Foto: Balboa

No día de onte rexistráronse dous novos incendios na contorna da área compostelá. No concello colindante á capital, Teo, e máis concretamente na coñecida parroquia de Calo, comezou ás 18.43 horas un incendio de grande envergadura, no que se necesitou a participación de dous helicópteros, tres axentes, dúas brigadas e catro motobombas.

Preto tamén de Teo, en Brión, iniciaba ás 17.51 horas un incendio que levaba por diante algo menos dunha hectárea de terreo, segundo apuntan dende a Consellería de Medio Rural. Por sorte, puido ser estabilizado ás 18.48 horas tras a actuación de dous helicópteros, un axente, cinco brigadas e 3 motobombas.