Incendio forestal activo en Val do Dubra

Fuego
El Correo Gallego
@Incendiosgalic1 / Twitter

Desde a tarde deste sábado hai un incendio activo no concello coruñés de Val do Dubra (Anxeriz) e xa acudiron medios aéreos e terrestres para traballar no control e extinción. Ata Val do Dubra viaxaron dous avións anfibios Canadair das bases de Lavacolla e Matacán, e un helicóptero Kamov, adscrito á base de Ibias. Estes medios aéreos do Estado axudaron nas tarefas de extinción. No vídeo que acompaña estas liñas vese como un dos helicópteros carga auga no río.