Luis López considera “raquítico” o Plan Revitaliza A Estrada

Os socialistas acusan ao goberno local de incumprir os acordos coa oposición
El Correo Gallego
Casa consistorial de A Estrada

A Estrada. O PSOE da Estrada critica con dureza o Plan Reactiva A Estrada que pretende aprobar o goberno municipal. O voceiro, Luis López Bueno, afirma que o alcalde “incumpriu os acordos aos que chegara coa oposición” e considera o que o proxecto é “raquítico”. O plan, explican, propón cambiar de destino 452.000 euros que non se van a executar por causa da crise sanitaria, e que serán reubicados en partidas como o Canon para o pago do aluguer da Praia Fluvial á Sociedade Deportiva Río Ulla (25.000 €) e á liquidación da reforma da alameda (113.000 euros).

López Bueno explica que “durante o estado de alarma viñamos mantendo reunións periódicas nas que se pactara unha negociación sobre as posibilidades que ofrecía o orzamento para dotar medidas económicas e sociais, pero o goberno decidiu levar a comisión unha nova organización

do orzamento sen consensuar a proposta”.

Tamén afirma que o desplante do PP “é unha práctica habitual” e critica que “ao final quen padece as consecuencias son os veciños”.

O voceiro socialista móstrase moi crítico co proxecto do PP, asegura que “o único que se vai facer é mover cartos que non se gastaron durante a pandemia, como os gastos da Festa do Salmón, por exemplo”.

Para López Bueno é insuficiente.“Habería que entrar máis a fondo, hai partidas que quedan sen executar todos os anos e permitirían máis accións de política social e iniciativas de carácter económico”, sinalou. m. r.