Música no San Xoán de Caldas

Cibrán Canedo
Juan Manuel Rey

Caldas de Reis non renuncia a celebrar o tradicional San Xoán, que sempre tivo moita importancia na vila, a pesar da realidade actual condicionada pola crisesanitaria, e presentou un programa que terá como prioridade, ademais do lecer e a diversión, a seguridade da cidadanía, o que o converterá nun “San Xoán diferente” pero cun cartel igualmente atractivo e deseñado para o desfrute de todos os públicos, dixo o alcalde, Juan Manuel Rey, que agradeceu os hosteleiros a organización. Os festexos terán lugar os días 23 e 24 de xuño coa música en directo, as actividades lúdico-deportivas e a gastronomía como protagonistas. Eso sí, non haberá fogueira, ao non permitir o Concello a celebración de cacharelas colectivas.